Para conmemorar o Día do libro decidimos facer un intercambio de libros entre o alumnado co seu grupo-clase, para iso trouxéronse libros da casa que xa se leran.
Agora eses libros teñen un novo dono e agardamos que os disfruten!
Para conmemorar o Día do libro decidimos facer un intercambio de libros entre o alumnado co seu grupo-clase, para iso trouxéronse libros da casa que xa se leran.
Agora eses libros teñen un novo dono e agardamos que os disfruten!
APETÉCEVOS XOGAR UN POUCO E COÑECER ALGUNHAS CURIOSIDADES LITERARIAS?
O alumnado de Infantil e Primaria manexou distintos aparatos tecnolóxicos este curso 2020.21.
Proba diso foron os Esconabots que pasaron xuntos cos seus taboleiros polos cursos de 3, 4 e 5 anos.
Xogando e como mellor o pasamos asi que decidimos rematar o trimestre facendo unha ginkana.
O alumnado de infantil tivo que superar 3 probas: construir unha torre con bloques, manter o equilibrio camiñando por unha corda e facer un puzzle.
Por outra banda, o alumnado de primaria tivo que superar un total de 7 probas: bailar, o teléfono estropeado, facer un puzzle, o xogo dos balóns, salto á corda, adiviñar sons e adiviñar profesións a través da mimica.
E... para rematar había unha sorpresa agardando! Un ovo de chocolate!
Onte recibimos a visita de Antía e André, que tras percorrer pequenos recunchos de toda Galicia, fixeron unha paradiña no noso Val para amosarnos a través dos seus contos, cantigas e cancións o valor do rural o valor do noso.
Ao longo do mes de febreiro aproveitamos o día de Rosalía para profundizar na vida e obra dunha autora tan relevante como foi ela.
Un coetáneo seu,Manuel Curros Enríquez, a raíz do seu pasamento adicoulle un poema titulado A Rosalía que neste 8M cobrou gran relevancia no noso centro redescubrindo e adicándolle un espazo ás nosas "rosalías" as nosas loitadoras, esas que para nós levan na fronte unha estrela que as diferenza do resto, nais, avoas, tías, madriñas... mulleres do Valadouro!!!
Neste vídeo que presentamos a continuación podedes ver o traballo que se foi desenvolvendo aula por aula e tendo como fío condutor o día de Rosalía e o seu poema "Parece unha rosa".
GRACIAS POR DEFENDERNOS ROSALÍA!!!