mércores, 8 de abril de 2020

Crea o Teu Museo ACTIVIDADE 3

Hoxe visitamos o Museo Provincial do Mar. A través da visita virtual coñecemos moitos animais
mariños, e vimos os ósos das baleas que se cazaban.
• Se queres ver o museo pola túa conta estes días desde a casa, podes facelo neste enlace:
http://redemuseisticalugo.org/pan/museo_do_mar/index.html

https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/isidro-novo/obra/1005/a-mar

- Falamos entre todos de recordos que temos do mar, de cando fomos á praia coa familia e cos
amigos. E esas lembranzas que recompilamos cada un de nós vímolas inmortalizadas en fotos:
as fotos captan un instante dos nosos recordos.
- Coñecemos distintos tipos de animais mariños, e vimos como lles afecta a contaminación.
- Aproveitamos para ler un poema de Isidro Novo.
Deixámosche un enlace no que atoparás poemas deste autor, concretamente un poema sobre
o mar:
https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/isidro-novo/obra/1005/a-mar
ferida/texto/1
TAREFAS:
- Sacádevos unha foto co obxecto que vos identifica e que escollestes o primeiro día.
- Os que non crearades o voso animal mariño, aínda estades a tempo! Facédeo e enviádenolo
para mañá.
- Se xa o tedes feito, creade un barco. Xs nenxs maiores podedes incluso investigar que tipos de
barcos había. Senón, sempre podedes tirar da vosa imaxinación.
- Enviádenos as fotos dos vosos barcos, pois mañá falaremos da navegación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario