Hoxe visitamos o Museo Provincial do Mar. A través da visita virtual coñecemos moitos animais
mariños, e vimos os ósos das baleas que se cazaban.
• Se queres ver o museo pola túa conta estes días desde a casa, podes facelo neste enlace:
http://redemuseisticalugo.org/pan/museo_do_mar/index.html
https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/isidro-novo/obra/1005/a-mar
- Falamos entre todos de recordos que temos do mar, de cando fomos á praia coa familia e cos
amigos. E esas lembranzas que recompilamos cada un de nós vímolas inmortalizadas en fotos:
as fotos captan un instante dos nosos recordos.
- Coñecemos distintos tipos de animais mariños, e vimos como lles afecta a contaminación.
- Aproveitamos para ler un poema de Isidro Novo.
Deixámosche un enlace no que atoparás poemas deste autor, concretamente un poema sobre
o mar:
https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/isidro-novo/obra/1005/a-mar
ferida/texto/1
TAREFAS:
- Sacádevos unha foto co obxecto que vos identifica e que escollestes o primeiro día.
- Os que non crearades o voso animal mariño, aínda estades a tempo! Facédeo e enviádenolo
para mañá.
- Se xa o tedes feito, creade un barco. Xs nenxs maiores podedes incluso investigar que tipos de
barcos había. Senón, sempre podedes tirar da vosa imaxinación.
- Enviádenos as fotos dos vosos barcos, pois mañá falaremos da navegación!
mércores, 8 de abril de 2020
ECOIDEAS CON ADEGA
Dende ADEGA ofrécennos a oportunidade de coñecer un pouco máis o noso entorno así como formas de coidalo.
Aquí vos deixamos dúas ECOIDEAS
OBSERVAMOS AVES E ESCOITAMOS O SEU SON
A primavera é un bo momento para aprender a identificar aves aínda que sexa desde o balcón ou a fiestra da vosa casa, así que velaquí unha sinxela actividade para achegarse ao fermoso mundo da observación dos paxaros. Podes axudarte duns prismáticos se tes pola casa... A solución ao exercicio achegarémola nun par de días a través desta mesma canle
ARQUIVO SEN SOLUCIÓNS
https://drive.google.com/file/d/1RhfGbRB4DzDHVXivwCan9LLjvHQXrWjP/view?usp=drivesdk
Arquivo coa solución...
https://drive.google.com/file/d/1RxOE-wJt7k2qR18Xq0JUrwHptEE_Ifp6/view?usp=drivesdk
ECOUADITA O TEU LIXO
Atrévete a facer esta ecoauditoría dos residuos que produces no teu fogar. O reto que che propoñemos é reducir a cantidade de lixo que produces. Se consegues superalo, acadarás un nivel avanzado para o que temos máis propostas. Anímaste a reducir a túa pegada ecolóxica
https://drive.google.com/file/d/1S1D-ZjOA7hK7CxpfQCdeEadB8K3QMKXI/view?usp=drivesdk

martes, 7 de abril de 2020
8 Abril Día Internacional do Pobo Xitano
O Día Internacional do Pobo Xitano conmemorase o 8 de abril data que recorda oo Primeiro Congreso Mundial Romaní/Xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971.Neste día instituiuse aa bandeira e o himno xitano.
A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no medio, que simboliza o camiño dende a India e a libertade.
O himno xitano, Gelem, gelem (Andiven e andiven), foi composto por Jarko Jovanovic y recorda aos xitanos e xitanas vítimas do nazismo.
https://youtu.be/23dW3H9yFSU
Dende hai anos esta data está adquirindo gran notoriedade, servindo de ocasión para distintas celebracións ee comunicacións por parte de múltiples institucións nacionais e internacionais.
Algúns enlaces de
interese
Lección gitana.
https://youtu.be/P5T41bPGKqY
No quiero una escuela segregada
https://youtu.be/ZGZ-4K9F0uc
Crea o teu Museo Actividade 2
Hoxe... A nosa actividade inclúe unha visita virtual, apetéceche ver a panorámica dende o tellado do museo Fortaleza de San Paio de Narla
http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=17&id=2826
ACTIVIDADE 2
https://drive.google.com/drive/folders/1QdJmdaIgHETrqyl8wbELejo7tAZ4hNBI
Hoxe falamos sobre a paisaxe.
- A través das pinturas e das obras nas que se representan paisaxes podemos coñecer moitas
cousas:
• Se a paisaxe é de primavera, verán, outono ou inverno.
• Se a paisaxe é do medio rural (natureza, montañas, ríos, etc.) ou do medio urbano (pobos,
cidades, etc.).
• Se o artista representou unha paisaxe real que coñece ou se se trata dunha paisaxe imaxinaria.
- Ao longo da historia os artistas representaron as paisaxes de distintos xeitos:
• Moi parecido á realidade, case como se fose unha foto: é o que se coñece como Hiperrealismo.
• Elaborando a paisaxe mediante moitos puntiños de cor: é o que se coñece como Puntillismo.
• Pintando mediante manchas de cor, pinceladas soltas que compoñen a paisaxe: é o que se
coñece como Impresionismo.
• O artista pinta paisaxes que idealiza: é o que se coñece como Romanticismo.
TAREFAS PARA MAÑÁ:
Podemos empregar a fotografía dixital para explicar ao resto como son as paisaxes que vemos pola ventá e a continuación, debuxar o que aparece na fotografía.
- Fai o teu debuxo sobre o mar: pode ser unha praia, poden aparecer animais mariños,
personaxes mitolóxicos como as sereas, etc. O que ti queiras. Cando o remates, pégao na
ventá e convida aos teus veciños a que pinten tamén un mar para poñer na ventá.
- Fala cos teus familiares para que che conten lembranzas que teñan sobre o mar e envíanos
unha foto, un recordo teu ou deles sobre o mar.
- Crea un animal ou personaxe mariño con material reciclado.
.

- Tamén podemos rememorar o noso verán

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.
A celebración deste día leva a cabo desde o 7 de abril de 1950 e anualmente escóllese un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.
Aínda que non se atopa información da campaña que este ano ten prevista a OMS, é fundamental que todos poñamos un gran de area para facer un chamamento á poboación para que se manteñan en casa e evitar a propagación do coronavirus que tanto está a afectar ao mundo no ano 2020.
Fai o teu vídeo e mándao ao blog ou escribe algún lema que mellor represente esta idea.
bibliovaladouro@gmail.com
Cada ano é elixido un lema que será sobre o que versarán as actividades do Día Mundial da Saúde dese ano:
2007: «Investir en saúde para forxar un porvir máis seguro»
2008: «Protexer a saúde fronte ao cambio climático»
2009: «Cando ocorre un desastre, os hospitais seguros salvan vidas»
2010: «A Saúde Urbana é importante»
2011: «Se non actuamos hoxe, non haberá cura mañá»
2012: «A boa saúde engade vida aos anos»
2013: «Contrólese a tensión arterial»2020 Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería
2014: «Pequenas picaduras: grandes ameazas»
2015: « Inocuidad dos alimentos»
2016: «Vence á diabetes»
2017: «A saúde mental no lugar de traballo»
2018: «Cobertura sanitaria universal para todas as persoas, en calquera lugar»
2019: «Cobertura sanitaria universal»
2020: «Apoiemos ao persoal de enfermería e de partería»
luns, 6 de abril de 2020
Día Internacional do Deporte para o Desenrolo e a Paz.
O deporte ten o poder de cambiar o mundo e historicamente desempeñou un papel importante en todas as sociedades, xa sexa en forma de competicións deportivas, de actividade física sen máis ou mesmo de xogos. É un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fortalecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sostible, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.
Mesmo desde o confinamento nos nosos fogares, podemos unirnos e compartir formas creativas para mellorar a nosa saúde e benestar a través do deporte e a actividade física. Para celebrar o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, pedímosvos que vos manteñades activos, sans e solidarios nestes tempos de distanciamento físico e social. O espírito de equipo axudaranos a superar xuntos a incerteza e as dificultades actuais.
En situacións normais convidariámosche a realizar algunha actividade física ao aire libre ou participar dalgún maratón ou outra actividade relacionada co deporte, con todo, como debemos permanecer no fogar ata novo aviso, pola crise do coronavirus, convidámosche a realizar exercicios en casa, xa sexa aerobics, ioga ou outra actividade deportiva da túa preferencia, grava un vídeo e mándao oa blog ou deixa unha mensaxe sobre a importancia do deporte para a saúde e a paz.
bibliovaladouro@gmail.com
Crea O Teu Museo día 1
ANTES DE COMEZAR COA ACTIVIDADE...
Pregúntate ou define que é un museo...
Que nos ofrece, para que nos serve??? Hai tipos diferentes de museos? Como che gustaría que fóra o teu museo ...
Compartimos e comentamos un vídeo no que se mostra un proxecto realizado polo colexio As Gándaras de Lugo en colaboración coa Rede Museística de Lugo.
https://www.youtube.com/watch?v=gy1V0tWXQIM
A idea desta actividade é que cheguedes a ver os museos coma un lugar no que nos contan historias, e o museo que ides crear Vai a contar Unha historia ben fermosa, a vosa historia!!!
ACTIVIDADE 1:
Escollemos un obxecto que teñamos na casa e que nos represente ten que ser algo importante para nós ou para a Nosa familia.
Esa vai ser a primeira peza do noso museo.
XA ELEXICHE? POIS AHORA FOTOGRAFÍA E ENVÍANOS A TÚA IMAXE!
Podes contarnos ou non... Por que ELEXICHE esa peza
lectorinbiblio@gmail.com
Isto lévanos a reflexionar sobre que é o importante para cada persoa e sobre como as coleccións dos museos son testemuñas humanas.
Recordamos unha visita que fixerades a un museo, que sentistes, que foi o que máis vos gustou, TODO ISTO PARA ENTENDER QUE OS MUSEOS SON ESPACIOS DE MEMORIA

sábado, 4 de abril de 2020
NOVA INICIATIVA: CREA O TEU MUSEO.
A Rede Museística de Lugo viuse obrigada a pechar as portas dos museos da rede, pero non renuncia a seguir traballando polo que abriu fiestras virtuais aos museos das nosas vidas, é decir ao museo de cada un de nós para contar e compartir os nosos propios relatos.
Estes días, estiveron traballando con nenos e nenas coma todos vós na construción dos seus museos persoais cos recursos que lles foron proporcionando e ofrécennos a oportunidade de participar.
http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=9&id=3312
ANIMÁDESVOS?
http://www.museolugo.org/archivos/docs/3312_Museal%20(Paula)%202.mp4
Se vos animades, irémosvos planteando actividades artísticas para que fagades nas vosas casas en compaña da vosa familia. Se nolas devolvedes serán entregadas á rede museística que irán colgando no voso museo persoal.
xoves, 2 de abril de 2020
2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, dous de abril temos dúas celebracións tan importantes como diferentes:
* DÍA DO LIBRO INFANTIL: celébrase na honra a Hans Christian Andersen (que naceu nesta mesma data no ano 1805), creador de contos para nenos e nenas que seguro tod@s nós coñecemos como "O patiño feo", "A sereiña" ou "O soldadiño de chumbo".
* DÍA DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO: celébrase para por en releve a necesidade e contribuir á mellora na calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar una vida plena e gratificante como parte integrante da sociedadade.
MAIS hoxe quixemos UNIFICAR ámbalas dúas efemérides e por iso vos presentamos a adaptación "ao noso" modo" dun libro titulado
O LIBRO DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO de Ellen Sabin
aquí vos deixamos o enlace para que o poidades desfrutar
https://drive.google.com/open?id=1j2qLeVWJhmsRQRsEspGp0NWkEyTX-uiZ
agora tócache a ti?
EN QUE OCASIÓNS TE SINTES DIFERENTE?
COMO CHE GUSTA QUE TE TRATEN NESES MOMENTOS?
cóntanolo en bibliovaladouro@gmail.com
igual...,NON che apetece ESTA ACTIVIDADE, quizais che apetece algo máis...CREATIVO
ATRÉVESTE A DESEÑAR O ANUNCIO DUN DESTES LIBROS DE CHRISTIAN ANDERSEN?
A SEREIÑA
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O PATIÑO FEO
enlaces de interese:
CURTAMETRAXE O SOLDADIÑO DE PLOMO
ORGANIZACIÓN ESPAÑOLA PARA O LIBRO INFANTIL E XUVENIL
CONCURSO GALIX ATA O DÍA 10 DE ABRIL
mércores, 1 de abril de 2020
1A e hoxe día das Artes Galegas
E hoxe día das Artes Galegas....Temos novo deseño do artista galego Leandro Lamas. Moitas grazas por deixarnos trasladar estes pasos aos nosos alumnos/as do Valadouro que se están portando como campeóns!
Atrevédesvos a facer este deseño seguindo os pasos????
Atrevédesvos a facer este deseño seguindo os pasos????
ESPERAMOS VER AS VOSAS CREACIÓNS E COMPARTILAS CON LEANDRO!!
envía o resultado a
bibliovaladouro@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)