luns, 9 de marzo de 2020

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O Día Internacional da Muller leva celebrándose moitos anos para reclamar que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e oportunidades.
Hai que recordar que, ata non hai moitos anos, en España unha muller non podía ir votar, abrir unha conta nun banco ou  traballar sen o permiso do marido.
O esforzo de moitas mulleres e homes, que crían que unha sociedade igualitaria era unha sociedade mellor, fixo que as leis foran establecendo medidas para o equiparamento dos dereitos de homes e mulleres.
Así e todo, aínda que houbo moitos avances, hai que seguir traballando para que non haxa nunca discriminacións nin violencia e para que consigamos vivir todos nunha sociedade máis xusta e plena.