O venres 28 de febreiro celebramos por todo o alto a gran festa do Entroido no colexio.
Como vén sendo habitual, estaba presente toda a comunidade educativa con moito ambiente festivo e moita carallada.
A primeira parte dos actos discurriu no polideportivo, onde comezabamos cunhas cancións, bailes e interpretacións de cada curso.
Pasando cada un destes a cantar as súas propias murgas que tantos recreos e tempos libres lles levou argallar.
Todos xuntos cantamos unha murga do Entroido.
Con estas letras fixeron rir e deixaron sorprendidos ás numerosos familias que estaban nas gradas presenciando semellantes espectáculo.
Despois tomamos un chocolate e uns doces que preparou a ANPA do colexio, sobra dicir que nos puxemos de Entroido...
Pasamos a ler o testamento e as Últimas Vontades dos señores de Entroido que serían enterrados (no centro había rumores de que eran uns Hackers).
Tod@s xuntiñ@s fomos facer un desfile polas cercanías do centro educativo onde a colaboracón de familias foi esencial, amais de aportar o toque colorido do día e contribuír no bo ambiente.
En chegando ao polideportivo de volta, houbo tempo de baile e música para que caun expresase o seu ritmo e troula.
Xa contra o final da mañán fomos quen de enterrar os "difuntiños" e chorar na súa despedida (que bos eran, incluso despois de morrer, meus pobres).
Así demos por rematado o ENTROIDO deste ano 2020.