Para saber desta iniciativa ao completo, incluso colaborar podedes informarvos en https://coronavirusmakersgalicia.org/ (escribir tamén abaixo en comentarios e contestamos)
Como sabedes, o alumnado de 5º e 6º, estaba iniciándose no deseño de pezas para a impresora 3D a través do programa Tinkercad, pois ben, podedes colaborar tamén nesta iniciativa e seguir mellorando as vosas habilidades tentando deseñar algún aparello que poida contribuír a axudar na protección de quen o necesite.
Se gustades e queredes facelo a través do cole (tendes tamén a opción de traballar sobre o queirades, aínda que agora adicámonos completamente a imprimir viseras pero en canto pase isto, imprimiremos o que fixeches) mandar o voso deseño a: bibliovaladouro@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario