Este traballo fixérono o alumnado de 3º-4º e 6º de forma colaborativa.
Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei,
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor, camiñiños entre o millo, ¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!...
Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou.
Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña, si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar!