Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xuño de 2021

Festa fin de curso 2020.21

 Chegou o fin do curso escolar 2020/21, unha nova etapa marcada polo Protocolo Educovid no que aos centros educativo atinxe e que unha vez superado, valoramos moi positivamente a adaptación da comunidade educativa a todas estas medidas, as cales, posibilitaron rematar o curso sen incidencias.

Para celebrar este punto e seguido da ampla maioría de alumnado, a ANMPA organizou no centro unha xornada enteira de xogos para o alumnado de infantil e primaria.

Así infantil ía pasando e alternando as tres actividades propostas que consistían nun taller de tatuaxes con purpurina, uns xogos e coreografías musicais , ademais de pasar polos inchables.

Primaria tiña un obradoiro de manualidades, uns xogos de precisión (xogo da ra, encestar aros nos conos), os esquís múltiples e tamén os catro inchables diferentes que estaban instalados no poli.

Con un sistema de rotación e tempo determinado, todos e todas disfrutaron dun día de diversión e entretemento moi ben estruturado.



xoves, 10 de xuño de 2021

Móvete en bici ou patinete en Intantil


Hoxe tocou saída na contorna do centro co alumnado de Infantil, sendo o máis curioso que todos nos desparazamos en bici ou patinete. As beirarrúas de Ferreira ateigáronse de cicloturistas  que se inician e tratan de coñecer as principais normas de circulación, non entanto que desfrutan e fan actividade física.

Vexas as fotos de como o pasamos no enlace de baixo

fotos da xornada de bici/patinete en Infantil

Camiñando e buceando na natureza en Infantil.

 Este día fomos de paseo pola contorna na procura de prantas, insectos, follas e outras elementos da natureza que fomos traballando na aula coas nosas mestras. Tiñamos preparados uns envases coas fotos dos elementos a recopilar e gardalos alí mesmo.

Disfrutamos do entorno, camiñando ata A Laxe, merendando no adro da igrexa, voltando polo pozo das moscas, sorteando as trampas dos profes e pasando unha xornada amena.

Se queredes comprobalo, ollar as fotos do enlace de abaixo.

fotos de camiñando coa natureza

venres, 28 de maio de 2021

Vai en bici ata a escola

Esta derradeira semana do mes de maio continuamos con plan do alumnado de Primaria " Camiña ou en bici ata a escola" co obxectivo de mostrarlle á rapazada que tanto camiñando como na bici, poden acudir ao centro diariamente, sempre poñendo por diante a seguridade nos desprazamentos  en función do tipo de percorrido.

Isto potenciará  unha autonomía necesaria, maior activade física cotiá, favorecer o transporte non contaminante e uns hábitos de vida saudable moi recomendables para o futuro.

Desta, tocoulle a rutas en bici con distancias adaptadas a cada curso, con axuda de mestres e protección civil. Visita das parroquias anexas ao centro e explorar os distintos camiños do entorno.

Durante a semana, nas sesións de EF e recreos, prácticas previas, exercicios sobre a bici e estratexias para ir en grupo.

Para máis información, visiten o enlace e vexan as fotos para deducir. 



preme aquí para ver FOTOS e VIDEOS  da actividade

mércores, 12 de maio de 2021

AS NOSAS LETRAS-GALEGAS DO VALADOURO

Nesta entrada do blog imos recoller o xeito de entender, actuar, pensar, traballar,etc coa ferramenta de expresión lingüística que mellor dominamos, a que máis amamos e a que nos fai sentir orgullosos; a nosa lingua galega. Cada curso fixo unha creación propia sobre a escritora, Xela Arias, unha veciña da provincia que tantas cousas comparte connosco e que contribuíu de boa maneira a conservar o noso idioma. Falamos de todo que ten que ver coas letras galegas e con quen se lle adican este ano, así nós pretendemos tamén aportar algo para que este día e sobre todo esta lingua sexa motivo de celebración entre nós a diario, (como Darío a diario).

 


Neste enlace poderás consultar todo o que desexes sobre Xela Arias. http://seminariogalan.org/inicio/2021/documentos

mércores, 3 de marzo de 2021

ENTROIDO 2021

Ete ano no colexio celebramos o Entroido dun xeito diferente... mirade, mirade! 

 O máis imortante foi que o pasamos xenial!

VIVA O ENTROIDO 


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. 24/02/2021

 Neste vídeo que presentamos a continuación podedes ver o traballo que se foi desenvolvendo aula por aula e tendo como fío condutor o día de Rosalía e o seu poema "Parece unha rosa".

GRACIAS POR DEFENDERNOS ROSALÍA!!!



domingo, 31 de xaneiro de 2021

Día da Paz

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Este ano decidimos facelo dun xeito diferente, empregamos a linguaxe de signos (LSE) e bailamos unha canción na que os pés eran os protagonistas.

Con isto quixemos reivindicar que a nosa escola é un lugar que dá cabida a todo o mundo e na que somos valorados e aceptados por todos, para nós esa é realmente a PAZ!





luns, 20 de abril de 2020

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


Hoxe 23 de abril celebramos o día do libro en todo o mundo.


A elección desta data para tal celebración,  non foi fortuita xa que neste día faleceron importantes autores de talla nacional e internacional como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega. 

Tamén nun 23 de abril naceron  outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo

Por este motivo a UNESCO elexiu esta data para tal celebración



MIRADE ESTE VIDEO DE MARÍA FUMAÇA ADICADO AO LIBRO
https://www.youtube.com/watch?v=o0DuJjELudw&feature=youtu.be

A CELEBRACION NO CENTRO                          

 Debido ao estado de alarma no que estamos, non poderemos celebralo no centro como facemos outros anos pero non por iso pasará desapercibido. 

Que tal SE ENCHEMOS é noso blog de recomendacións lectoras.?

Elixe un libro que che gustara moito: polo argumento, polo debuxo, ... E deseña un anuncio del recomendando a sua lectura. 

Podés disfrazarte dalgunha das persoaxes e recomendar o libro, podes gravarte, podes facer un cartel...

VEÑA A IMAXINACIÓN AO PODERAlgúns nenos non só se lanzaron xa a recomendarnos os seu conto preferido se non que tamén deseñaron fantásticos marcapáxinas.


Envía a tua creación a bibliovaladouro@gmail.com


fai clic na foto para ver os deseños dos nos@s nen@s










sábado, 4 de abril de 2020

NOVA INICIATIVA: CREA O TEU MUSEO.



A Rede Museística de Lugo viuse obrigada a pechar as portas dos museos da rede, pero non renuncia a seguir traballando polo que abriu fiestras virtuais aos museos das nosas vidas, é decir ao  museo de cada un de nós para contar e compartir os nosos propios relatos.

 Estes días, estiveron traballando con nenos e nenas coma todos vós na construción dos seus museos persoais cos recursos que lles foron proporcionando e ofrécennos a oportunidade de participar.

        http://redemuseisticalugo.org/documentos.asp?mat=9&id=3312


                                                                    ANIMÁDESVOS?

        http://www.museolugo.org/archivos/docs/3312_Museal%20(Paula)%202.mp4


Se vos animades, irémosvos planteando actividades artísticas para que fagades nas vosas casas en compaña da vosa familia. Se nolas devolvedes serán entregadas á rede museística que irán colgando no voso museo persoal.


martes, 31 de marzo de 2020

1 de abril día das artes galegas

O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, homenaxea este ano ao arquitecto Domingo de Andrade. 
A maior parte da súa obra pode apreciarse  en Santiago de  Compostela, mais tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.




Quen foi Domingo de Andrade?http://xacopedia.com/Andrade_Domingo_de


 Unha das maiores obras de Domingo Andrade foi a chamada Torre do Reloxo. dende o CEIP DE MOSTEIRÓN ofrécennos este marcapáxinas para colorear.

https://drive.google.com/open?id=1eEFuY7n9GZkvO1veXWe33mh7fCRJCET0

Cartel conmemorativo, realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia compostelá. 


XOGAMOS??? 
QUE TAL SE FAS UNHA IMITACIÓN DESTE CARTEL  E NOLO ENVÍAS? 


venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe 27 de marzo celebrase o día internacional do teatro.
Vense celebrando dende o ano 1961 e foi creado polo Instituto Internacional de Teatro (ITI) Tendo por finalidade dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
     
a imaxe máis familiar do tatro son as máscaras de comedia e traxedia. Foron creadas ala polo 600 antes de cristo no teatro grego. 
xurdiu como una celebración relixiosa do Deus Dionisio. Normalmente son un símbolo da identidade da persoaxe ou das emocións que os actores e actrices representan.
Anímaste a decorar estas máscaras?
se non tes medios para poder imprimilas podes recortar a forma nun folio en branco e despois … a decorar! poden saír ideas fantásticas. Compártelas con nós?



Nestes días de confinamento pode ser una boa o/pción ver una obra teatral
https://bit.ly/Teatro-TodosLosP%C3%BAblicos-CLM

  http://teatroteca.teatro.es/opac/#


tamén vos deixamos un listado de obras teatrais en galego

e como non o enlace a algunas cancións dun grupo teatral orientado aos nenos como é Migallas Teatro ...

mércores, 25 de marzo de 2020

Kalandraka en aberto

Unha boa nova Kalandraka Tv retransmite en aberto os seus mellores contos.
http://www.kalandraka.tv/es/index.php

venres, 20 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL SÍNDROME DOWN

               21 MARZO                                                    
DÍA DO SÍNDROME DE DOWN      
   
Resultado de imaxes para: dia do sindrome down



QUE É?
Alteración xenética que se produce por un cromosoma extra (o cromosoma é a estrutura que contén o ADN) ou unha parte del. As células do corpo humano teñen 46 cromosomas distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os outros 22 se numeran do 1 ao 22 en función do seu tamaño decreciente. As persoas con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21 en lugar dos dous que existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21.

COMO SON?
A síndrome de Down non é unha enfermidade. Tampouco existen grados de síndrome de Down, pero o efecto que a presenza desta alteración produce en cada persoa é moi variable. As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas. Os bebés con síndrome de Down terán moitos trazos físicos propios da súa familia, ademais dos característicos das persoas con síndrome de Down e algún grado de discapacidad intelectual. A súa personalidade, afeccións, ilusións e proxectos serán os que verdaderamente defínanlles como persoas e a súa discapacidad será só unha característica máis da súa persoa.


NA ESCOLA
As escolas que teñen unha educación prevista como centros de integración, ofrecerá as mellores oportunidades para os nenos e nenas con Síndrome de Down. Os nenos e nenas con Síndrome de Down que reciben unha escolarización compartida ou que acoden a un centro ordinario terán beneficios educativos significativos, xa que poderán contar cunha asistencia adicional de apoio á aprendizaxe. A educación inclusiva é moi importante pois demóstrase que os nenos/as que acuden a centros ordinarios teñen máis ganancia de fala, linguaxe escrita e matemáticas que se estiveran nun centro de educación especial.


VIDEOS DE CANCIÓNS E AS SÚAS OPINIÓNS


CONTO DE PEPITA ES ESPECIAL



UNHA IDEA 
Hai anos en pro da beleza que hai na diversidade levouse a cabo a idea de empregar calcetíns desparexados neste día.
Que vos parece se sacades unha foto dos vosos pes con calcetíns desparellados así coma os da vosa familia?
Podedes enviar a foto ao correo da biblioteca
bibliovaladouro@gmail.com

xoves, 19 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA


 O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, o cal foi aprobado pola UNESCO no ano 1999.
  O obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística mediante a expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser unha forma de comunicación artística nas súas comunidades.
Ten tamén como fin fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que se vexa como outra forma de expresión de valores e reafirmación da identidade .


Deixámosvos  un conto en verso que cremos que pode ser moi útil  e enriquecedor para  todos e todas  sobre todo nos días que estamos vivindo.



E como non,tamén  unha pequena plantilla que podedes descargar e despois escribir /debuxar sobre ela os vosos sentimentos respecto ao que está a acontecerr ao noso redor estes días.


 Se vos apetece podedes enviar o resultado á dirección de correo da biblioteca para que despois subamos as vosas creacións  

bibliovaladouro@gmail.com


luns, 9 de marzo de 2020

8 MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


O Día Internacional da Muller leva celebrándose moitos anos para reclamar que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e oportunidades.
Hai que recordar que, ata non hai moitos anos, en España unha muller non podía ir votar, abrir unha conta nun banco ou  traballar sen o permiso do marido.
O esforzo de moitas mulleres e homes, que crían que unha sociedade igualitaria era unha sociedade mellor, fixo que as leis foran establecendo medidas para o equiparamento dos dereitos de homes e mulleres.
Así e todo, aínda que houbo moitos avances, hai que seguir traballando para que non haxa nunca discriminacións nin violencia e para que consigamos vivir todos nunha sociedade máis xusta e plena.



martes, 3 de marzo de 2020

ENTROIDO 2020

O venres 28  de febreiro celebramos por todo o alto a gran festa do Entroido no colexio.
Como vén sendo habitual, estaba presente toda a comunidade educativa con moito ambiente festivo e moita carallada.

A primeira parte dos actos discurriu no polideportivo, onde comezabamos cunhas cancións, bailes e interpretacións de cada curso.

Pasando cada un destes a cantar as súas propias murgas que tantos recreos e tempos libres lles levou argallar. 

Todos xuntos cantamos unha murga do Entroido.

Con estas letras fixeron rir e deixaron sorprendidos ás numerosos familias que estaban nas gradas presenciando semellantes espectáculo.

Despois tomamos un chocolate e uns doces que preparou a ANPA do colexio, sobra dicir que nos puxemos de Entroido...

Pasamos a ler o testamento e as Últimas Vontades dos señores de Entroido que serían enterrados (no centro había rumores de que eran uns Hackers).

Tod@s xuntiñ@s  fomos facer un desfile polas cercanías do centro educativo onde a colaboracón de familias foi esencial, amais de aportar o toque colorido do día e contribuír no bo ambiente.

En chegando ao polideportivo de volta, houbo tempo de baile e música para que caun expresase o seu ritmo e troula.

Xa contra o final da mañán fomos quen de enterrar os "difuntiños" e chorar na súa despedida (que bos eran, incluso despois de morrer, meus pobres).

Así demos por rematado o ENTROIDO deste ano 2020.



luns, 17 de febreiro de 2020

CONCURSO DO ENTROIDO NO VALADOURO

No taboleiro de exposicións que temos na entrada principal do centro, hai unha cartelería con imaxes sobre o Entroido, os días máis sinalados e tamén os nomes dos entroidos máis populares de Galicia, quizáis non estean todos pois dentro do país todos son  moi importantes pero é un breve acercamento a  nosa tradición.

Comezamos o concurso tratando de enlazar cada imaxe con cada nome. Vexan a foto, participen e logo depositen a súa opción no buzón da entrada da biblio. 

A data límite será o xoves 20.

DÍA DE ROSALÍA

A biblioteca cede un  espazo á realización da actividade de homenaxe a Rosalía de Castro mediante a ilustración  dos seus poemas. Así pretendemos amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra ... 
Unha Rosalía ás veces divertida, outras reinvindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas para honrar á nai das nosas letras. 
No noso colexio , en cada nivel.  aportamos unha estrofa de Rosalía pequeniña co seu debuxo interpetativo das súas letras, para todo elo pegalo nunha composición no taboleiro da entrada, pasando a ler o poema, a cantalo i resaltando así a icona desta nosa escritora.




ROSALÍA PEQUENIÑA

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás  ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.


Rosalía, Rosalía...

Rosalía pequeniña
vestida de moitas cores
que non canta nin ás pombas
nin ás delicadas flores.


Rosalía, nena india
poeta dos nosos días
que pos no sentir do pobo
badaladas de alegría.


Rosalía pequeniña
medio meiga, medio fada
ao pé da verde silveira
chamando pola alborada.


A rebelde e rebuldeira
non é musa nin postal
sube ás ponlas das figueiras
e alí déitase a soñar.

Rosalía, Rosalía...

Rosalía, rosa, Rosalía
Rosalía, nosa rosa



venres, 7 de febreiro de 2020

O casamento dos paxariños


O día 2 de febreiro, di a tradición galega que é o dia que casan os paxariños.
Coincide esta data coa celebración do Imbolc, celebración celta vencellada ao lume, que en Iranda foi cristianizado como o día de Santa Bríxida e aquí coma o día  da Candelaria, traducido no costume de acender candeas este día.
Sinala este día o retorno das aves migratorias e os cortexos que anuncian a volta de primavera.
Esta data serve para anunciar a chegada máis ou menos da próxima primavera.

Teremos unha rama de árbore con moitos paxariños pegados e destes sairán as verbas máis bonitas de lingua galega, desde a perspectiva do alumnado.