xoves, 30 de maio de 2019

Obradoiros Robótica

Durante o presente curso iniciamos aos nenos en robótica e montamos diferentes Lego Wedoo en diferentes talleres.



































mércores, 29 de maio de 2019

Curso impresión 3D

Como este ano fomos seleccionados dentro do programa Biblioteca Creativa, dotáronnos cunha impresora 3D.
O profesorado decidiu formarse de cara a poder facer uso desta na biblioteca.






mércores, 22 de maio de 2019

Día das Letras

O día 16 de maio fixemos o noso festival das letras.
Inauguramos este certame coa reprodución do video que os nosos colaboradores e colaboradoras fixeron na biblioteca sobre a vida e a obra de Antonio Fraguas Fraguas.
Trala reprodución do video,  por cursos fomos recitando diversos poemas na nosa lingua.


3 anos "No país das bolboretas" de Antonio Teijeiro"

4 anos "Arrolo de Domaio" cantiga popular

5 anos "Un rato díxolle á lúa"  Antonio Teijeiro

Primeiro "Pola rua dos versos" de Ana María Fernández

Segundo " O soñador"  de  Manuel María


Terceiro " Había unha illa loubada!
              " A terra e redonda"


Cuarto "Deitado rente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro


Quinto  "Revolta na cociña"  de Marica Campo.




Sexto " Polo correo do vento" de Aquilino Iglesias"


Todo o certame foi amenizado con cantigas populares que os alumnado de quinto e sexto interpretou.


Finalizamos o certame coa entrega de premios do concurso organizado pola concellería de cultura "Vila de Ferreira" e Cantando ao Maio.