venres, 26 de febreiro de 2021

Entrega de premios Entroido

 Como todo o centro se implicou de primeira man na celebración deste Entroido diferente tanto na composicióm e canto de coplas, como na investigación no concurso dos Entroidos do Mundo consideramos que todo o alumnado do centro se merecía un premio.

Hoxe foi a entrega de premios, noraboa!!!


























xoves, 25 de febreiro de 2021

GAÑADORES DO XOGO DE PISTAS SOBRE ENTROIDOS DO MUNDO

 Agradecer a participación do alumnado neste xogo de pistas de entroidos do mundo para espallar así a cultura internacional dos disfraces e profundizar como o celebran noutras zonas.

Os resultados foron:

ENTROIDO 1: Entroido de Nova Orleans. EEUU.

ENTROIDO 2:Entroido de Rio de Janeiro. Brasil.

ENTROIDO 3: Entroido de Venecia. Italia

ENTROIDO 4: Entroido de Düsseldorf.  Alemania.


Así resultaron gañadores:

Lía de 5º  EP

Lucas  de 5º EP

Paula de 5º EP

Silvia  de 6º EP

martes, 23 de febreiro de 2021

Entroido en Infantil

 En infantil, facíasenos un pouco dificil o concurso de pistasorganizado pero os nenos de infantil non íamos ser menos que os demais e organizáronos un microconcurso de disfraces e incluso tivemos contancontos  de man do "Mago Tito" 


Aquí as imaxes dos obradoiros organizados.













xoves, 11 de febreiro de 2021

XOGO DE PISTAS MÉRCORES

PISTAS DO MÉRCORES

ENTROIDO 1




OS MEMBROS DAS PEÑAS DURANTE O DESFILE LANZAN COLARES E XOGUETES AOS ASISTENTES

ENTROIDO 2



AS ESCOLAS DE SAMBA CUMPLEN UN PAPEL FUNDAMENTAL, A SAMBA APARECE NO SÉCULO XIX UN ESTILO DE BAILE QUE TROUXERON AO PAÍS OS ESCLAVOS AFRICANOS


ENTROIDO 3



A XENTE DA CIDADE NESTES DÍAS PASEA POLAS RÚAS DISFRAZADA CON TRAXES AMBIENTADOS NO SÉCULO XVIII

ENTROIDO 4



NOS DÍAS DE ENTROIDO SON TÍPICOS NA CIDADE OS GRITOS DE HELAU E KAMELE. A PRIMEIRA EXPRESA ALEGRÍA E A SEGUNDA RECLAMA CARAMELOS

XOGO DE PISTAS MARTES

 ENTROIDO 1


 

 NO DÍA DO DESFILE GRANDE, MARTES DE CARNAVAL, SO PODEN EMPREGAR DISFRACES E MÁSCARAS OS MEMBROS DAS PEÑAS. NESE DÍA OS BANCOS PECHAN

ENTROIDO 2


 

 AS ORIXES DESTE CARNAVAL REMÓNTANSE A UNHA CLASE DE CARNAVAL CHAMADO ENTRUDO CARACTERIZADO POR UN XOGO DE TIRARSE AUGA UNS A OUTROS PARA PURIFICAR O CORPO

ENTROIDO 3


TEN A SÚA ORIXE ESTE ENTROIDO NO SÉCULO XII CANDO O SECRETARIO DO DUCADO O PLANTEOU ÁS AUTORIDADES DO LUGAR PARA QUE AS CLASES ALTAS E BAIXAS TIVERAN UN CERTO CONTACTO

ENTROIDO 4 


 
ELIXEN OS PRÍNCIPES DESTE ENTROIDO O DÍA DE ANO NOVO

luns, 8 de febreiro de 2021

XOGO DE PISTAS LUNS

 ENTROIDO 1

 


AS CORES QUE CARACTERÍSTICAS DESTE ENTROIDO SON O MORADO, VERDE E AMARELO
MORADO = XUSTIZA
VERDE= FE
AMARELO=PODER

 

ENTROIDO 2


 

ESTE ENTROIDO COMEZA COA COROACIÓN DO REI MOMO

 

 ENTROIDO 3


 

UN DOCE TÍPICO DESTE ENTROIDO SON AS CHAMADAS FRITTELLA

 

ENTROIDO 4 


 

ESTE ENTROIDO COMEZA O 11 DE NOVEMBRO CO DESPERTAR DO HOPPEDITZ

domingo, 7 de febreiro de 2021

ENTROIDOS DO MUNDO

 


        CHEGA O ENTROIDO COAS SÚAS CORES COA SÚA MÚSICA E NON O IMOS DEIXAR PASAR        POR ALTO 

  DA CELEBRACIÓN EN SI FALAREMOS O VENRES... ESTADES A AFINAR ESAS VOCES PARA CANTAR ESAS COPLAS?

PERO PARA IR QUENTANDO MOTORES  PROPOÑÉMOSVOS UN XOGO DE PISTAS. AQUEL QUE ACERTE O NOME DOS CATRO ANTROIDOS DO MUNDO DOS QUE FALAMOS LEVARÁ UN MAGNÍFICO PREMIO.

 ESTADES PREPARADOS? POIS ATENTOS AO TABOLEIRO DA ENTRADA E AO BLOG DA BIBLIOTECA NO QUE TODOS OS DÍAS APARECERÁN CATRO PISTAS, UNHA POR ENTROIDO. 

PODEDES PARTICIPAR NESTE CONCURSO BEN DEPOSITANDO UNHA TARXETA COS CATRO NOMES E O VOSO NOME E CURSO NO BUZÓN DA ENTRADA OU A TRAVÉS DESTE BLOG, COMO MELLOR SE VOS AXEITE. O PRAZO PARA PARTICIPAR REMATARÁ O XOVES ONCE

DESVELAREMOS O NOME OU NOMES DOS GAÑADORES  Á VOLTA DOS FESTEXOS

 PREPARADOS???