Amosando publicacións coa etiqueta RECANTO MAKER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECANTO MAKER. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de marzo de 2020

Biblioteca creativa - espazo MAKERS

A través da Biblioteca Creativa do cole e do material que imos tendo por participar nestes proxectos,  colaboramos na iniciativa solidaria  "cononavirusmakers" do mundo, aportando o noso gran de area, no apartado "makers" polo que usamos a impresora 3D do colexio para facer viseras de protección que se distribuirán a quen as necesite.

Para saber desta iniciativa ao completo, incluso colaborar podedes informarvos en https://coronavirusmakersgalicia.org/   (escribir tamén abaixo en comentarios e contestamos)

Como sabedes, o alumnado de 5º e 6º, estaba iniciándose no deseño de pezas para a impresora 3D a través do programa Tinkercad, pois ben, podedes colaborar tamén nesta iniciativa e seguir mellorando as vosas habilidades tentando deseñar algún aparello que poida contribuír a  axudar na protección de quen o necesite. 

Se gustades e queredes facelo a través do cole (tendes tamén a opción de traballar sobre o queirades, aínda que agora adicámonos completamente a imprimir viseras pero en canto pase isto, imprimiremos o que fixeches) mandar o voso deseño a:    bibliovaladouro@gmail.com


xoves, 2 de maio de 2019

Taller de cartelería

Aprendemos a facer carteis cun programa de deseño en ordenador.
Desta vez os deseños más s votados foron os de Noeliae Tania e Sara e Nati.
Neles anunciaron o programa de actividades na semana do libro así coma as bases para o concurso de marcapáxinas.



martes, 15 de xaneiro de 2019

RECANTO MAKER


Encántanos desfrutar na biblioteca co noso novo espacio Maker provisto de tres tablets e tres escornabots así coma cos seus taboleiros




mércores, 7 de febreiro de 2018

Recanto Maker

Outra novidade na biblio este ano é o recanto maker. Un lugar para a investigación e o aprendizaxe activo na biblioteca.
Aqui temos á nosa disposición varios escornabots así como as súas plantillas e varias tablets.