mércores, 29 de xaneiro de 2020

CELEBRACIÓN DA PAZ

O xoves 30 é un deses días que nos quedarán marcados na retina xa que nos poñemos todos a traballar arreo para que a PA Z reine no noso centro durante moito tempo. Para elo tratamos de poñer ao cole coa mellor decoración, facer algunha actividade extra (LIPDUB), aprender e cantar letras que teñan ese tema moi presente, para  despois...facer por e para que os conflitos entre todos nós,  desaparezan en moito tempo.
LIPDUB




CANCIÓNS DA PAZ





DECORACIÓN COS PARAUGAS E VESTIMENTA DO LIPDUB




XOGO DE PISTAS


Gañadora do concurso


mércores, 22 de xaneiro de 2020

Xogo de pistas. Adiviña o personaxe da PAZ.

Lectorín escolleu este ano 2020 un personaxe de paz moi relevante e moi digno de coñecer a súa obra e acción.
Así Lectorín terá posto no taboleiro do corredor da entrada, unha pista cada día para tentar adiviñar quen é este personaxe.
Tamén desde o blog publicaremos estas pistas para que vos poidan axudar na casa e as participen as familias tamén.
No caso de que saibades quen é, tender que por o seu nome completo nun papel e metelo dentro do buzón laranxa que temos na biblio, No caso de que acerten as familias, debemos por o nome da familia e introducilo tamén no buzón.

PISTA 1: mércores 22/01/2020


Cando era nena, neste país só apodían estudar e ter carreira profesional os homes. Na súa familia romperon a regra e ela foi a escola.


PISTA 2: xoves 23/01/2020

Foi bióloga, activista política e ecoloxista (Movemento Verde)

PISTA 3: venres 24/01/2020



PISTA 4: luns  27/01/2020

 Naceu en Kenia no 1940 




PERSONAXE ???


BIOGRAFÍA
Wangari Muta Maathai, nada en Nyeri o 1 de abril de 1940 e finada en Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).

venres, 10 de xaneiro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2019

Na xornada final de trimestre e como celebración de Nadal, o venres 20 celebramos no cole o festival.
Foi nas semanas previas cando as diversas actividades feitas estaban encamiñadas á decoración dos diferentes espazos, a manualidades propias ou a ensaios. Houbo de todo no tocante ao NADAL.
Primeiramente o alumnado centrouse en poñer o ambiente característico destas datas, tanto nos corredores da entrada, como nos da biblio, como nos das aulas e decorando as súas clases, con árbores, adornos, cintas e demais.

Así tamén houbo tempo de facer ensaios e preparar o atuendo necesario para cada actuación do festival. Vexan aquí unha mostra das actuacións de cada curso.


VER FOTOS DE ACTUACIÓNS DE NADAL

3 ANOS


4 ANOS


5 ANOS


1º EP


2º EP


  3º EP 



4ºEP



 5º 6º EP



 

3º 4º 5º 6º GRUPO DE FLAUTA

mércores, 8 de xaneiro de 2020

BOLETÍN DE LECTURAS DE NADAL

 Presentamos as nosas suxerencias de lectura para estes días de Nadal e que tamén poden terse en consideración na carta aos Reis Magos, pois un libro é un mundo no que adentrarse.
Hai unha mostra  para cada nivel, segundo nós pensamos e polas observacións alén do interese de profesorado e alumnado.

Agardando que vos sexa de utilidade, lembramos a importancia de ler e os beneficios da lectura en tódolas idades.



Ç