Algúns alumnos/as do centro decidiron participar na iniciativa do museo Provincial de Lugo Crea o teu Museo.
Aquí algunhas das súas creacións.
xoves, 30 de abril de 2020
ECOIDEAS CON ADEGA
Nesta situación excepcional que estamos a vivir Adega tráenos unha serie de actividades para facer máis levadeiro o encerro.
Ahora xa podedes saír pasear, daredesvos conta que a primavera xachegou tinta do os prados de frores e as árbores recuperaron as súas follas.... Pero cantas árbores coñeces?
https://drive.google.com/file/d/1cb-8RutKUGLp-QgzJ908IJgzMq99DZJL/view?usp=drivesdk
Ahora xa podedes saír pasear, daredesvos conta que a primavera xachegou tinta do os prados de frores e as árbores recuperaron as súas follas.... Pero cantas árbores coñeces?
https://drive.google.com/file/d/1cb-8RutKUGLp-QgzJ908IJgzMq99DZJL/view?usp=drivesdk
luns, 27 de abril de 2020
29 de abril Día da Danza
Cada 29 de abril dende o ano 1982 celebramos o Día Internacional da Danza. Esta data foi establecida pola Unesco atendendo a unha iniciativa que o Comité Internacional de Danza fixo naquel ano.
A elección deste día e non outro non foi casual, se non que coincide co día de nacemento de Jean-Georges Noverre, innovador e estudioso deste arte e que foi creador do ballet moderno.
Esta celebración non so busca atraer a atención sobre a danza se non que tamén pretende reunir a todos aqueles que elexiron a danza como medio de expresión traspasando as barreiras culturais, políticas e étnicas
OS BENEFICIOS DA DANZA
O baile e o ballet son exercicios moi recomendables para os nenos e nenas xa de forma espontánea ou como deporte. o baile produce nos nenos sensación de liberdade axudándoos tremendamente á súa coordinación.
O ballet, ademáis de arte, é un exercicio que aporta moitos beneficios físicos e psíquicos aos pequenos e pequeñas
- Estimula a circulación sanguínea e o sistema respiratorio.
- Favorece a eliminación de grasas.
- Axuda a ganar elasticidade
- Exercita a coordinación, a axilidade de movimentos e o equilibro.
- Colabora no desenvolvemento muscular en formación da columna
- Contribúe a corrixir malas posturas.
- Axuda á psicomotricidade, a la axilidade e coordinación de movementos.
- Permite mellorar equilibrio e refrexos..
- é unha boa técnica para combatir a obesidade infantil e o colesterol.
- Desenvolve a expresión corporal,o oído e a memoria
Sen mencionar todos as aportacións a nivel psicolóxico xa que o ballet ao ser un exercicio tan ríxido: esixe e ensina disciplina física e mental, desenvolve a sensibilidade dos máis pequenos, axuda á socialización dos nenos máis tímidos, relaxa e libera adranalina e mellora a autoestima reducindo o stress e a ansiedade aumentando a confianza en sí mesmo.
por todo isto que nenos e nenas A BAILAR
FALANDO DE DANZA...
Non podíamos deixar sen mencionar a uns espertos en danza como os que tedes no grupo Amado Lar e do que moitos formades parte.
A Asociación Cultural Amado Lar naceu no ano 1985. A idea surxiu dun grupo de rapaces da vila e arredores, que con gran ilusión, quixeron levar a cabo aquel proxecto para fomentar e manter viva a cultura popular galega así como conservar e recuperar as tradicións culturais en especial as pertencentes o concello.
Nun primeiro momento e unha vez posta en marcha a idea, tiveron que buscar solución a un problema moi habitual nestes casos: a falta de diñeiro. A solución atoparona de xeito rápido formando un grupo de teatro co que ensaiaron unha obra para presentar nun festival en decembro daquel ano e así conseguir fondos para a constitución da asociación como tal.
Dirixidos por Luis Rio Seara, que sería o primeiro en presidir a asociación , aquel grupo de rapaces ensaiaron durante moitas noites a obra " O testamento do tío Nacho" presentada naquel festival do nadal de 1985 . Ao remate daquel festival foi a interpretación dunha cantiga con arranxos que mencionaba o Val como "querido hogar" polo que se decideu aquel mesmo día poñerlle este nome á asociación que acaba de nacer.
Desde os comenzos, o colexio público Sta. Maria ,tivo un papel importante na ensinanza dos bailes o alumnado que acabarían sendo a maioría deles os compoñentes dos grupos de baile da asociación.
Mencionan os membros deste grupo con especial cariño á mestra Aurea e como non a Enrique o noso querido director do colexio.
Nos inicios da asociación para impartir as clases tivemos como mestres tanto de baile como de percusión a compañeiros da asoc. Arco da Vella .
Vai xa para 35 anos de vida desta asociación , a cal viu pasar moitas persoas tanto polas directivas (Alfonso Pernas , Ana Mª Geada, Marco Uria, Eva Cora....) como polos seus alumnos nos distintos grupos.
Durante todo este tempo houbo épocas moi boas e non tanto porque este proxecto tivo momentos en que parecía que ía deixar de existir.
Unha das ramas que se perdeu foi a do grupo de teatro, pero que ainda anda a rexurxir polas cabezas hoxe en día con gañas de recuperar. Hai que destacar a labor de todas as persoas que dun xeito ou doutro contribuiron a preservar o que un bo día comenzaron aquel grupo de rapaces e que merecen toda a nosa admiración polo traballo realizado.
As citas principais durante o ano son a mostra folclórica celebrada ó comezo das festas patronais en setembro, a foliada que se celebra en xullo e o mercado de primavera. Ademáis disto colaborase con todos os actos culturais que organiza o concello e realízanse intercambios con outros grupos da comarca e arredores nos festivais, foliadas, xuntazas...que organizan.
Na actualidade a asociación está presidida por Angeles Vizoso, conta cuns 90 socios e compoñen a formación o grupo de baile (con 3 categorías por idades), instrumento (gaita, tambor, bombo) e cantareiras. O alumnado a día de hoxe componse duns 57 integrantes coincidindo xeracións de pais e fillos.
Os nosos queridos mestres Chusa en baile e Bosa en instrumento forman parte xa desta gran familia.
Os nosos queridos mestres Chusa en baile e Bosa en instrumento forman parte xa desta gran familia.
A día de hoxe a meta desta asociación é seguir contando con xente disposta a disfrutar e aprender todo o que a nosa cultura e tradición nos aporta.
ANIMÁDESVOS?
ACTIVIDADES.
con motivo de tan especial celebración non podemos deixar pasar a oportunidade de facer unha breve viaxe pola historia da danza mediante unha actividade moi fermosa que se organizou dende a Cidade Da Cultura.
venres, 24 de abril de 2020
Ficamos na casa... Con Leandro Lamas
Hoxe tivemos unha nova e interesante cita co xenial artista Leandro Lamas.
Atrevédesvos as facer esta lámina?
Preparados? Listos?
Veña envíanos a túa obra e farémoslla chegar a Leandro!!
lectorinbiblio@gmail.com
luns, 20 de abril de 2020
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de abril celebramos o día do libro en todo o mundo.
A elección desta data para tal celebración, non foi fortuita xa que neste día faleceron importantes autores de talla nacional e internacional como Cervantes, Shakespeare ou Garcilaso de la Vega.
Tamén nun 23 de abril naceron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo.
Por este motivo a UNESCO elexiu esta data para tal celebración.
MIRADE ESTE VIDEO DE MARÍA FUMAÇA ADICADO AO LIBRO
https://www.youtube.com/watch?v=o0DuJjELudw&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=o0DuJjELudw&feature=youtu.be
A CELEBRACION NO CENTRO
Debido ao estado de alarma no que estamos, non poderemos celebralo no centro como facemos outros anos pero non por iso pasará desapercibido.
Que tal SE ENCHEMOS é noso blog de recomendacións lectoras.?
Elixe un libro que che gustara moito: polo argumento, polo debuxo, ... E deseña un anuncio del recomendando a sua lectura.
Podés disfrazarte dalgunha das persoaxes e recomendar o libro, podes gravarte, podes facer un cartel...
VEÑA A IMAXINACIÓN AO PODERAlgúns nenos non só se lanzaron xa a recomendarnos os seu conto preferido se non que tamén deseñaron fantásticos marcapáxinas.
Día Mundial da Nai Terra
O día 22 de abril celebramos o día da Nai terra. Unha data que se declarou como oficial no ano 2009 polas Nacións Unidas aínda que case celebraba dende o ano 1970.
Esta data ten por fin concienciar á humanidade sobre os problemas que se xeran pola superpoboación, a contaminación e a necesidades de conservar a biodiversidade.
ADEGA dedícalle 50 poemas de amor á Terra, no día de hoxe
http://adega.gal/novas.php?id=968&idioma=gl&sec=7
Obra de Sergio e Mario |
ADEGA dedícalle 50 poemas de amor á Terra, no día de hoxe
Ao longo deste día publicará a cada hora (10 a 20 horas) na súa rede un compilatorio de versos pola terra cedidos por socias/as e simpatizantes
Animádevos
http://adega.gal/novas.php?id=968&idioma=gl&sec=7
Aquí un enlace sobre a necesidade de coidar o noso entorno
ENVÍANOS UNHA IMAXE DO TEU LUGAR PREFERIDO EN PLENA NATUREZA. ABRAMOS HOXE AS NOSAS FIESTRAS E DELEITEMONOS CON ESAS PAISAXES MARABILLOSAS QUE EN NADA VOLTAREMOS A VER.
lectorinbiblio@gmail.com
Manualidades conmemorativas deste día
https://www.actividadeseducainfantil.com/2020/04/manualidades-dia-de-la-tierra-2020.html?spref=fb&m=1
lectorinbiblio@gmail.com
Manualidades conmemorativas deste día
https://www.actividadeseducainfantil.com/2020/04/manualidades-dia-de-la-tierra-2020.html?spref=fb&m=1
venres, 17 de abril de 2020
Crea o teu museo Actividade 7
TAREFAS:
- Investigar e pescudar por que as rúas, prazas, barrios, etc. dos nosos pobos e cidades teñen os nomes cos que as coñecemos.
- Experimentar coa técnica do gravado. Podedes probar a pintar unha moeda e estampala nun papel.
- Desfrutar da fin de semana coa familia, aproveitar para convivir e descansar
xoves, 16 de abril de 2020
Ccrea o teu museo Actividade 6 Visita ao Museo de San Paio de Narla
Hoxe imos a visitar virtualmente un dos museos da Rede Museística Provincial o Castelo de San Paio de Narla
http://redemuseisticalugo.org/spn_presentacion.asp?mat=3
unha vez realizada a visita a Actividade de hoxe consiste.
MAÑA FAREMOS O NOSO TINTEIRO E PLUMA DE ESCRIBAN
-BUSCAMOS UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO BALEIRA
-CORTAMOLA POLA METADE E SACARÉMOSLLE UNHA PARTE POLO CENTRO XA QUE TEN QUE SER AÍNDA MÁIS PEQUENA. LOGO, PINTARÉMOLA DE NEGRO
- DESPOIS BUSCAMOS UNHA CARGA DE BOLÍGRAFO E UN PAPEL
-RECORTAMOS O PAPEL FACENDO UNHA FORMA DE PLUMA E PINTÁMOLO OU DECORÁMOLO. FAREMOS DOUS RECORTES IGUAIS CUNHA FORMA DE PLUMA, PODEMOS FACERLLES CORTES POLOS LADOS PARA IMITAR MELLOR A FORMA DAS PLUMAS DAS AVES.
- PEGAMOS OS DOUS RECORTES POÑENDO A CARGA DE BOLÍGRAFO NO MEDIO
- XA TEMOS PLUMA E TINTEIRO PARA O NOSO MUSEO.
http://redemuseisticalugo.org/spn_presentacion.asp?mat=3
unha vez realizada a visita a Actividade de hoxe consiste.
MAÑA FAREMOS O NOSO TINTEIRO E PLUMA DE ESCRIBAN
-BUSCAMOS UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO BALEIRA
-CORTAMOLA POLA METADE E SACARÉMOSLLE UNHA PARTE POLO CENTRO XA QUE TEN QUE SER AÍNDA MÁIS PEQUENA. LOGO, PINTARÉMOLA DE NEGRO
- DESPOIS BUSCAMOS UNHA CARGA DE BOLÍGRAFO E UN PAPEL
-RECORTAMOS O PAPEL FACENDO UNHA FORMA DE PLUMA E PINTÁMOLO OU DECORÁMOLO. FAREMOS DOUS RECORTES IGUAIS CUNHA FORMA DE PLUMA, PODEMOS FACERLLES CORTES POLOS LADOS PARA IMITAR MELLOR A FORMA DAS PLUMAS DAS AVES.
- PEGAMOS OS DOUS RECORTES POÑENDO A CARGA DE BOLÍGRAFO NO MEDIO
- XA TEMOS PLUMA E TINTEIRO PARA O NOSO MUSEO.
mércores, 15 de abril de 2020
EXCLUSIVA EXCLUSIVA PAKO PAKOLAS CONCEDE UNHA ENTREVISTA AOS NENOS E NENAS DO VALADOURO
ESTAMOS DE NORABOA XA QUE O NOSO AMIGO PAKO PAKOLAS ESTREA DISCO E NON SO ISO, CONCEDE UNHA ENTREVISTA AOS NENOS DE NENAS DE FERREIRA.
ANIMADEVOS A ENVIARNOS AS PREGUNTAS QUE QUEIRADES FACERLLE
bibliovaladouro@gmail.com
E AQUÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE PARA DESFRUTAR DA PRIMEIRA CANCIÓN DO SEU NOVO DISCO.
https://www.facebook.com/pakolas.musica/videos/244350490047106/?t=5
ACTIVIDADE CREA O TEU MUSEO ACTIVIDADE 5 - ADEGA
Hoxe parece que as dúas iniciativas que estamos poñendo en práctica por parte da Rede Museística Provincial e ADEGA se empastaron.
por parte da REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL pídennos que fagamos unha creación que MOSTRE SOLUCIÓNS SOBRE COMO MELLORAR O MUNDO ENTRE TODOS
por outro lado, ADEGA envíanos unha serie de ECO-IDEAS PARA PASAR A CORENTENA que poden resultarvos de gran axuda.
https://mail.google.com/mail/u/0/#inbox/FMfcgxwHMsMBQshRqxQrFsvhnvSqVfdJ
ASÍ QUE XA SABEDES... COMPOÑEDE UNHA OBRA QUE TENTE PLASMAR ALGUNHA SOLUCIÓN PARA MELLORAR O MUNDO e enviadea ao correo
lectorinbiblio@gmail.com
e por suposto, tentade experimentar algunha das ideas que hoxe ADEGA NOS TRAE.
15 de abril Día Mundial do Arte
Hoxe celebramos o día Mundial do Arte en conmemoración do nacemento do Xenial artista Leonardo da Vinci.
Esta data tenta dar a coñecer a importancia que ten o arte e o pensamento creativo para evolución do pensamento humano e a resolución de problemas.
https://youtu.be/Q6TUGyhj3BA
Leonardo Da Vinci foi un artista por excelencia xa que foi pintor, escultor, arquitecto, deseñador, biólogo, poeta... Considerándoo o Home do Renacemento.
AQUÍ UNS VIDEOS SOBRE ESTE XENIAL ARTISTA.
Parte1
https://youtu.be/GLdlh5NG9-Q
Parte 2
https://youtu.be/7WaTd90pVG0
O arte é unha das formas de expresión humana máis evolucionadas xa que a través dela podemos expresar aquelo que nos preocupa, nos gusta ou interesa empregando para a transmisión recursos sonoros, plásticos Ou lingüísticos
Vos tamén podedes ser xeniais artistas estamos seguros. Podedes ser xeniais escultores, ou coloridos pintores, expresivos compositores...
FAI A TÚA PEZA DE ARTE E FAINOLA CHEGAR PARA PUBLICAR NESTA ENTRADA
lectorinbiblio@gmail.com
Recursos
Museo Provincial de Lugo
Mira lo que he compartido: Rede Museística provincial de LUGO: Museo Provincial de Lugo, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor @MIUI| http://redemuseisticalugo.org/presentacion.asp?mat=2
Museo de Pontevedra
http://www.museo.depo.gal/
Museo Arte contemporáneo A Coruña
Mira lo que he compartido: Museo de Arte Contemporáneo de la Fundación Naturgy. Espacios para el arte en A Coruña | Guía del Ocio @MIUI| https://m.guiadelocio.com/a-coruna/arte/a-coruna/museo-de-arte-contemporaneo-de-la-fundacion-naturgy
martes, 14 de abril de 2020
Crea o teu museo 4
Seguimos de viaxe polo mundo mariño.
Crearemos persoaxes mariños e poleremoslles nome
Facemos un cómic resumo do que fixemos ata o de agora
1 elexir un obxecto q nos identifica
2 describir que vemos dende á nosa fiestra
3 recompilar fotos relacionadas co mar
Lembra enviar todo a lectorinbiblio@gmail.com
Crearemos persoaxes mariños e poleremoslles nome
Facemos un cómic resumo do que fixemos ata o de agora
1 elexir un obxecto q nos identifica
2 describir que vemos dende á nosa fiestra
3 recompilar fotos relacionadas co mar
Lembra enviar todo a lectorinbiblio@gmail.com
domingo, 12 de abril de 2020
12A ficamos na casa con Leandro Lamas
Hoxe puidemos desfrutar dunha nova sesión de debuxo co artista Leandro Lamas, todo un luxo poder contar con estas actividades. Atrevédesvos a debuxar seguindo os pasos? Animádevos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)