xoves, 24 de xuño de 2021

Festa fin de curso 2020.21

 Chegou o fin do curso escolar 2020/21, unha nova etapa marcada polo Protocolo Educovid no que aos centros educativo atinxe e que unha vez superado, valoramos moi positivamente a adaptación da comunidade educativa a todas estas medidas, as cales, posibilitaron rematar o curso sen incidencias.

Para celebrar este punto e seguido da ampla maioría de alumnado, a ANMPA organizou no centro unha xornada enteira de xogos para o alumnado de infantil e primaria.

Así infantil ía pasando e alternando as tres actividades propostas que consistían nun taller de tatuaxes con purpurina, uns xogos e coreografías musicais , ademais de pasar polos inchables.

Primaria tiña un obradoiro de manualidades, uns xogos de precisión (xogo da ra, encestar aros nos conos), os esquís múltiples e tamén os catro inchables diferentes que estaban instalados no poli.

Con un sistema de rotación e tempo determinado, todos e todas disfrutaron dun día de diversión e entretemento moi ben estruturado.



luns, 21 de xuño de 2021

Intercambio co CEIP San Miguel de Reinante

 Este ano o alumnado de Educación Infantil investigou sobre o noso concello O Valadouro facendo un fermoso folleto turístico cos principais lugares a visitar, un vídeo COAS fervenzas máis importantes, rutas recomendables para facer ben a pé ou camiñando así coma unha recompilación de vocabulario específico de plantas e insectos do Valadouro. Todo este traballo enviouse ao CEIP San Miguel de Reinante posto que elesestaban investigando sobre o seu concello Barreiros así que pareceunos interesante intercambiar os folletos turísticos que elaboramos uns e outros, unha experiencia moi interesante e que pode ter continuidade nun futuro moooi próximo.





















































Folletos e revista recibidos hoxe.


mércores, 16 de xuño de 2021

xoves, 10 de xuño de 2021

Móvete en bici ou patinete en Intantil


Hoxe tocou saída na contorna do centro co alumnado de Infantil, sendo o máis curioso que todos nos desparazamos en bici ou patinete. As beirarrúas de Ferreira ateigáronse de cicloturistas  que se inician e tratan de coñecer as principais normas de circulación, non entanto que desfrutan e fan actividade física.

Vexas as fotos de como o pasamos no enlace de baixo

fotos da xornada de bici/patinete en Infantil

Camiñando e buceando na natureza en Infantil.

 Este día fomos de paseo pola contorna na procura de prantas, insectos, follas e outras elementos da natureza que fomos traballando na aula coas nosas mestras. Tiñamos preparados uns envases coas fotos dos elementos a recopilar e gardalos alí mesmo.

Disfrutamos do entorno, camiñando ata A Laxe, merendando no adro da igrexa, voltando polo pozo das moscas, sorteando as trampas dos profes e pasando unha xornada amena.

Se queredes comprobalo, ollar as fotos do enlace de abaixo.

fotos de camiñando coa natureza

mércores, 2 de xuño de 2021

Promovendo as enerxías sostibles. Visita dos educadores de Sotavento

 Ao longo desta semana recibimos visita dos educadoras e educadores de Sotavento. 

Eles faláronos das ventallas das enerxías sostibles moito menos contaminantes.

A través de diferentes experiencias axudáronos a coñecelas mellor.