Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de xuño de 2021

Festa fin de curso 2020.21

 Chegou o fin do curso escolar 2020/21, unha nova etapa marcada polo Protocolo Educovid no que aos centros educativo atinxe e que unha vez superado, valoramos moi positivamente a adaptación da comunidade educativa a todas estas medidas, as cales, posibilitaron rematar o curso sen incidencias.

Para celebrar este punto e seguido da ampla maioría de alumnado, a ANMPA organizou no centro unha xornada enteira de xogos para o alumnado de infantil e primaria.

Así infantil ía pasando e alternando as tres actividades propostas que consistían nun taller de tatuaxes con purpurina, uns xogos e coreografías musicais , ademais de pasar polos inchables.

Primaria tiña un obradoiro de manualidades, uns xogos de precisión (xogo da ra, encestar aros nos conos), os esquís múltiples e tamén os catro inchables diferentes que estaban instalados no poli.

Con un sistema de rotación e tempo determinado, todos e todas disfrutaron dun día de diversión e entretemento moi ben estruturado.



xoves, 10 de xuño de 2021

Móvete en bici ou patinete en Intantil


Hoxe tocou saída na contorna do centro co alumnado de Infantil, sendo o máis curioso que todos nos desparazamos en bici ou patinete. As beirarrúas de Ferreira ateigáronse de cicloturistas  que se inician e tratan de coñecer as principais normas de circulación, non entanto que desfrutan e fan actividade física.

Vexas as fotos de como o pasamos no enlace de baixo

fotos da xornada de bici/patinete en Infantil

Camiñando e buceando na natureza en Infantil.

 Este día fomos de paseo pola contorna na procura de prantas, insectos, follas e outras elementos da natureza que fomos traballando na aula coas nosas mestras. Tiñamos preparados uns envases coas fotos dos elementos a recopilar e gardalos alí mesmo.

Disfrutamos do entorno, camiñando ata A Laxe, merendando no adro da igrexa, voltando polo pozo das moscas, sorteando as trampas dos profes e pasando unha xornada amena.

Se queredes comprobalo, ollar as fotos do enlace de abaixo.

fotos de camiñando coa natureza

venres, 28 de maio de 2021

Vai en bici ata a escola

Esta derradeira semana do mes de maio continuamos con plan do alumnado de Primaria " Camiña ou en bici ata a escola" co obxectivo de mostrarlle á rapazada que tanto camiñando como na bici, poden acudir ao centro diariamente, sempre poñendo por diante a seguridade nos desprazamentos  en función do tipo de percorrido.

Isto potenciará  unha autonomía necesaria, maior activade física cotiá, favorecer o transporte non contaminante e uns hábitos de vida saudable moi recomendables para o futuro.

Desta, tocoulle a rutas en bici con distancias adaptadas a cada curso, con axuda de mestres e protección civil. Visita das parroquias anexas ao centro e explorar os distintos camiños do entorno.

Durante a semana, nas sesións de EF e recreos, prácticas previas, exercicios sobre a bici e estratexias para ir en grupo.

Para máis información, visiten o enlace e vexan as fotos para deducir. 



preme aquí para ver FOTOS e VIDEOS  da actividade

domingo, 31 de xaneiro de 2021

Día da Paz

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz. Este ano decidimos facelo dun xeito diferente, empregamos a linguaxe de signos (LSE) e bailamos unha canción na que os pés eran os protagonistas.

Con isto quixemos reivindicar que a nosa escola é un lugar que dá cabida a todo o mundo e na que somos valorados e aceptados por todos, para nós esa é realmente a PAZ!