Hai aproximadamente 2.600 anos
chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos,
como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas
crenzas.
O igual que outros pobos bárbaros, os
Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de
guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse
unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos
non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de
sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo
profecías verdadeiras.
A festa do Samaín era a data máis perigosa do seu
calendario posto que o mundo dos mortos, o outro mundo, facíase accesíbel para
os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (o mesmo tempo que as longas noites
escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas velas rudimentarias no
interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños,
nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os
inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os
perigos da celebración.
É curioso que moitos anos despois o
cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos
santos.