Os nenos de infantil elaboraron uns marcapáxinas moi bonitos.
Os alumnos e alumnas de primaria en días previos a esta celebración continuaron coa elaboración do libro viaxeiro xa iniciado o curso pasado. Este libro foi pasando polas distintas aulas. O alumnado de Educación Infantil encargouse da súa ilustración.
Asistimos tamén ao espectáculo de sombras chinesas "O mundo máxico de Ian e Elisa" na casa da cultura de O Valadouro.
Como remata ás actividades deste día, os nenos de sexto curso leron o libro viaxeiro que entre todos fixemos.