luns, 29 de abril de 2019

Semana do libro

Coincidindo coa celebración do día do libro, non dubidamos en facer diferentes actividades para conmemorar este feito tan importante.
Os colaboradores desta biblioteca traballaron e deseñaron unhas actividades do máis entretidas para celebrar este día.

Decidimos facer títeres e contacontos para o resto do alumnado e un divertido concurso de marcapáxinas
Decididas as actividades puxémonos a buscar os contos que íamos representar e cómo o faríamos e quenes se animarían.
Ante tanta participación acabamos representante seis contos, tres en formato ode contacontos e tres como títeres. " A q sabes lúa, non quero ser un polbo, ou o monstro dos soños representaron de coma contacontos, mentres que Cocorico, os tres porquiños e Gato Lambón acompañaron se de música e títeres para o seu relato. Foi realmente divertido.

A parte deseñamos un concurso de marcapáxinas e durante os recreos fixemos unha lectura compartida do Quixote.
Deseñado o programa tocou o deseño dos carteis que quedaron do máis orixinal.



















A parte o alumnado de infantil dedicouse á decoración dos corredores.

 Como remate final desfrutamos dunha sesión de máxia na Casa da Cultura.