luns, 15 de marzo de 2021

O 8M e Rosalía

 Ao longo do mes de febreiro aproveitamos o día de Rosalía para profundizar na vida e obra dunha autora tan relevante como foi ela. 

Un coetáneo seu,Manuel Curros Enríquez, a raíz do seu pasamento adicoulle un poema titulado A Rosalía que neste 8M cobrou gran relevancia no noso centro redescubrindo e adicándolle un espazo ás nosas "rosalías" as nosas loitadoras, esas que para nós levan na fronte unha estrela que as diferenza do resto, nais, avoas, tías, madriñas... mulleres do Valadouro!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario