DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO E DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DOS DÍAS DAS LETRAS PROPOÑÉMOSVOS UNHAS ACTIVIDADES BEN BONITIÑAS
1. PALABRAS NOSAS…DOS GALEGOS E DAS GALEGAS
A nosa lingua está chea de palabras moi fermosas
:aperta, agarimo,bicos,
bolboreta, ledicia, luvas, xoaniña, ………
Que vos parece se para conmemorar a Semana das Letras Galegas vestimos esas palabras de gala, xa que é a súa
festa? Igual ca vós, cando ides a algunha
celebración coa familia ou amigos/as
procurades vestirvos con elegancia…!
Propoñémosvos , coa axuda das vosas familias, facer o
seguinte :
·
Pensar unha palabra.
·
Rotulala con letras maiúsculas
nunha cartulina,tamaño A4 ou A5, do color que queirades(tamén valería un cartón
dunha caixa ,que teriades que pintar con
témperas, acuarelas,ceras…) Despois decoralas…
·
Tamén podes debuxar as letras en
papel de colores ,de revistas ,goma
eva….,recortalas e pegalas sobre a cartulina….
·
Facer un debuxo que teña relación con esa palabra e se che parece difícil ,podes mirar por algún
debuxo ou imaxen sacados de internet…..
·
Sacar unha foto co traballo realizado na que se che vexa a ti.
·
Envíalla ao blog da biblioteca.
bibliovaladouro@gmail.com
Este sería un exemplo de cómo podería quedar o traballo..pero aínda
quedaría mellor se pintas cada letra (con ceras,rotulador,purpurina,…) dunha
cor, o debuxo tamén mellor quedaría feito ou pintado por ti…..
Xavi, elexiu vagalume |
Oliver elexiu a bolboreta
Noa tamén elexiu a bolboreta.
Andrea, elexiu a palabra bico
Silvia envíanos moito agarimo, e creo q ten morriña e gana de voltar ao cole...
Yeray elexiu a palabra aperta
Clara elexiu a bolboreta
A Naima gústalle máis a palabra sapoconcho
Enma é máis de colo
E a Daniela encántanlle os agasallos
Leire é máis de bolboreta tamén
E a Óscar gústalle a palabra árbore
Paula é de apertas
E a ROI gústalle o esquío
Sabela non sabe cal lle gusta máis se golfiño e cadro así que fixo as dúas...
Alexandra elexiu coelliño
2 " UNHA PALABRA MOI GALEGA"
Queridos nenos e nenas queremos compartir con todos vós unha pequena historia dun rapaciño que coñecemos algúns Mestres do Valadouro.
Houbo un tempo no que algo tan normal para todos nós como é escribir en galego, non se facía!, entre outras cousas... eran tempos nos que tampouco se permitía dirixirse aos profesores en galego a pesar de ser a lingua maioritaria...
Nestas, que un rapaciño con grandes inquedanzas non acababa de comprender, por que se todo o mundo que o rodeba falaba en galego non o escrbía e empregaban o castelán para todo?.
Foi así, que comezou a escribir en galego, pero comezaron a entrarlle grandes dúbidas, sobre todo cando comezou a mocear e lle esribía á noiva en galego...cada vez que tiña que escribir unha palabra tan corrente como "unha"... non sabía que facer!!
Se escribía "una" era claramente en castelán, se escribía un-a estaría permitido?... deulle moitas voltas ata que cando chegou á universidade… por fin llo explicaron!!!, hoxe xa sabe escribir coma nós, así que propoñemosche que escribades unha frase de cariño que inclua nh.
estas preparado para compartir?
bibliovaladouro@gmail.com
CERTAME INFANTIL ARTES PLÁSTICAS FEIRACO
Ningún comentario:
Publicar un comentario