Hoxe nove de maio tamén celebramos o Día Mundial das Aves Migratorias. Neste día faise unha campaña para sensibilizar á humanidade da necesidade de conservar estas aves e o lugar no que habitan. Neste día sinálanse as ameazas ás que se enfrontan cando migran, a importancia que teñen para nós e a necesidades de coidalas para a conservación do ecosistema.
As aves migratorias máis coñecidas para os galegos e galegas son a cigoña, a codorniz, o cuco o mazarico rechouchiador ou a anduriña.
A algunhas delas fóronlle adicados algúns poemas e cancións.
É o caso do Cuco de Manuel María
O cuco, cuco cuqueiro
O cuco, cuco cucón
Madrugón e cantareiro!
Cantareiro e madrugón!
Óese pola carballeira
o vello cuco souril
ao nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril:
O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañás ven cediño
o cuco canta:”cú – cú…”
Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tu!
A outras referíanse de forma metafórica nunha canción como é o caso da anduriña de Xoán Pardo.
En Galicia un día eu escoitei
unha vella historia, nun café.
Era dunha nena que da aldea, se escapou.
...Anduriña nova que vóou...
Choran ó pensar, ¿onde andará?
Mais ninguén a quere ir buscar.
Anduriña lle chamaron, os que alí deixou
torna pronto ó porto, ¡por favor!...
Un velliño fala xunto ó lar,
di-me moi baixiño e sin maldade.
unha vella historia, nun café.
Era dunha nena que da aldea, se escapou.
...Anduriña nova que vóou...
Choran ó pensar, ¿onde andará?
Mais ninguén a quere ir buscar.
Anduriña lle chamaron, os que alí deixou
torna pronto ó porto, ¡por favor!...
Un velliño fala xunto ó lar,
di-me moi baixiño e sin maldade.
Anduriña e nova... Voltará, ¡xa-lo verán!
Probe paxariño, sen plumar...
Nun día calqueira, pousará.
Seu misterio, para non o será.
O nome Anduriña, para xamais, se llo dirán.
Pero mentres tanto, ¿onde vái?
Anduriña ¿onde vái?... Anduriña ¿onde vái?...
Anduriña... ¿Onde vái?...
Aquí vos deixamos o son dalgunhas delas.
O cuco
A anduriña
O mazarico
A cigoña
Codorniz
Ningún comentario:
Publicar un comentario